Mindonium.es – el portal de todos los Mindonienses


Inicio

Resumo II Encontro de Participación Cidadá en Mondoñedo.

En primeiro lugar queremos agradecer a boa disposición e o bo talante de diálogo expresado pola Sra. Alcaldesa e demais membros da Corporación Municipal. E a asistencia e respetuosidade dos representantes das asociacións e do público que acudiron ao Encontro, o que facilitou a labor dos voceiros que tamén actuaron de moderadores. A reunión comezou as 20,30 horas e rematou a carón das 23 horas.

Explicouse o convenio do Proxecto  Retinae de divulgación da cidade a través das novas tecnoloxías   e que se poñería a disposición das asociación mediante envío de copia por correo electrónico .

leer máis

II Encontro de participación cidadá

A PLATAFORMA CIDADÁ  “COMARCA DE MONDOÑEDO UNIDA” Promove o     II ENCONTRO DE PARTICIPACION CIDADÁ  COS REPRESENTANTES DA CORPORACION MUNICIPAL DE MONDOÑEDO: Alcaldesa e concelleiros do P.P. B.N.G. e P.S.O.E.                                                                                                                       DATA: XOVES 17  DE NOVEMBRO DE 2016  AS 20,30 HORAS NO SALON DE PLENOS DO CONCELLO. (ASISTENCIA LIBRE).

leer máis

Elena Candia resolve a débeda que o anterior Goberno municipal mantiña coa Deputación de Lugo

A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, revolve a débeda que o anterior Goberno municipal mantiña coa Deputación de Lugo, froito dun convenio mediante o cal a institución provincial concedía un anticipo de 33.000 euros para financiar unha achega aos investimentos municipais para darlle accesos ao Barrio de Pausalido (Argomoso).

Este convenio foi asinado no ano 2013 pola daquela vicepresidenta da Deputación provincial, Lara Méndez, hoxe alcaldesa de Lugo, e polo tenente alcalde, Modesto Díaz, ambos do mesmo partido, o PSOE.

leer máis

X Concurso de Tapas Concello de Mondoñedo

O Concello e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIAM) organizan o X Concurso de Tapas Concello de Mondoñedo, que se celebrará a fin de semana do 25, 26 e 27 de novembro. Haberá animación musical polas rúas da cidade e celebraranse sorteos entre os participantes.

leer máis

O equipo redactor do Proxecto Retinae avanza nas accións que aproveitan os novos formatos audiovisuais para a posta en valor do patrimonio mindoniense

O equipo redactor do Proxecto Retinae avanzou esta fin de semana nas accións que se están a desenvolver no marco desta iniciativa innovadora que aproveita os novos formatos audiovisuais para poñer en valor o patrimonio histórico, turístico e cultural de Mondoñedo. En concreto, expertos e alumnos das Universidades Rei Juan Carlos e a Universidade a Distancia de Madrid analizaron na localidade as posibilidades que ofrecen os novos formatos audiovisuais (realidade virtual, realidade aumentada, formatos envolventes en 360 grados e imaxes tomadas con drons), co obxecto de poñer en valor o patrimonio histórico, artístico e cultural, sobre a base das novas tecnoloxías….leer máis

O Concello de Mondoñedo mellora a visualización dos recursos turísticos locais no Google maps

O Concello de Mondoñedo mellora a sinalización virtual dos recursos turísticos locais coa finalidade de ampliar a súa promoción e poñelos en valor e faino a través da posta en marcha dun proxecto de xeoreferenciación (localización xeográfica) destes puntos de interese para o turista. A alcaldesa da localidade, Elena Candia, asegura que a “boa presenza no espazo virtual é clave na promoción turística de Mondoñedo e por iso queremos aproveitar todas as ferramentas que nos ofrecen as novas tecnoloxías”…leer máis

‘O mellor recuncho de Mondoñedo’, o novo concurso de fotos do Concello do que sairá o calendario municipal para 2017

O Concello de Mondoñedo vén de convocar o concurso ‘O mellor recuncho de Mondoñedo’ que baixo o lema ‘Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta’, ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2017 coas mellores fotografías de recunchos da localidade.

Os destinatarios da iniciativa son todos os alumnos do Instituto de Educación Secundaria San Rosendo aos que a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, convida a participar a no envío de fotografías ao Concello. Entre as imaxes recibidas, un xurado profesional elixirá doce, unha por cada mes do ano, para a creación do calendario de 2017….leer máis

Deja tu comentario

Tienes que estar logeado para comentar.

  • Entradas recientes

  • etiquetas



  • ↑ Subir